A Catedral edificouse en tres etapas.
Primeira etapa: comeza nos tempos do bispo Don Pelayo, entre 1154 e 1175, seguindo o modelo da catedral de Santiago. Da primitiva catedral románica perdéronse os tres ábsides simicirculares, pero consérvase en bo estado o transepto románico cás súas tres naves e as súas tribunas, os muros exteriores das naves maiores e a fachada norte completa.
Segunda etapa: esta etapa comeza en 1180 e dura ata 1200, aparecendo as primeiras novidades góticas. A esta época corresponde a nave central do transepto, a nave maior, o triforio e as cubertas oxivais das naves laterais.
Terceira etapa: Nesta fase imponse o estilo gótico clásico, desta época é a portada principal e a fachada occidental.
Fachada principal: pórtico gótico, de arcos oxivais e bóveda de crucería. Trátase da primeira realizada neste estilo na Península Ibérica. No seu tímpano aparecen diversas escenas relacionadas co Nacemento de Cristo.
No interior gótico, cuberto por bóvedas de crucería, destacan o retablo da Expectación e a Capela das Reliquias, ambos do século XVIII. Na capela maior está situado o coro que data de 1699.
O Claustro é o único gótico conservado nas catedrais galegas. Deriva do modelo cisterciense de Oia. Data do século XIII pero sufriu unha reconstrucción no século XV.
Capela de San Telmo
Estilo barroco portugués, única representación deste estilo en Galicia. É a capela do patrón da cidade e de tódolos mariñeiros. Está edificada sobre a casa na que expirou o santo e parte daquela casa medieval consérvase no interior da cripta. Foi iniciada en 1769 e rematouse no ano 1803. Destaca a súa planta circular e a cúpula gallonada.
Capela da Misericordia
De finais do século XVI. Na portada aparece labrada á Coración da Virxe María (1575). É de nave única e no seu interior destaca a imaxe da Dolorosa, obra do escultor Agustín Querol.
Convento da Clarisas
Popularmente coñecido como das encerradas. Este convento posúe un importante muro exterior con vanos enreixados. A igrexa barroca é obra de Domingo de Andrade (autor da Torre do eloxo da Catedral de Santiago) e no seu interior podemos apreciar interesantes retablos dourados barrocos.
Convento de San Domingos
Igrexa de estilo gótico mendicante. No seu interior posúe dous magníficos retablos barrocos. Do convenos consérvanse escasos restos e foi panteón da nobreza tudense.
Igrexa de San Francisco.
Actualmente dedicada a San Antonio, data de comezos do século XVIII e conta cun gran retablo barroco de madeira dourada composto por robustas columnas salomónicas. O antigo convento é, na actualidade, o Seminario Menor Diocesano desde 1850.






No hay comentarios:
Publicar un comentario