Descubrindo Tui
Este é un blogue para descobrir o patrimonio da cidade de Tui. A través de noticias, podcasts e outros enlaces de interese poderedes indagar no rico patrimonio monumental da cidade así como informarvos sobre actividades turísticas, eventos, etc... que se leven a cabo nesta incrible cidade.
miércoles, 29 de marzo de 2017
Tui ofrecerá paseos en barco polo río Miño dunha hora de duración desde abril
O Concello publica o folleto no que a principal novidade son os paseos en barco polo Miño en dúas quendas ao día desde o mes de abril. Tamén se inclúe toda a oferta turística do municipio así como de hospedaxe.
Para ampliar información consulta o seguinte enlace ca noticia de Faro de Vigo:
https://plus.google.com/115334356272424471794/posts/WkAK1UkFWW2
martes, 28 de marzo de 2017
Podcast "Rutas guiadas e de balde para coñecer o patrimonio do Baixo Miño"
Neste podcast da Radio Municipal de Tui, podes informarte sobre as rutas guiadas de balde que se levaron a cabo o verán pasado.
Seminario sobre o patrimonio da Eurocidade Tui-Valença
A UNED, pon en marcha no vindeiro mes de abril un seminario sobre o patrimonio da Eurocidade Tui-Valença. Consistirá nun percorrido polo patrimonio histórico-artístico máis destacado de ámbalas dúas cidades.
No seguinte enlace pódese ver a noticia publicada por Faro de Vigo para ampliar máis información.
Tamen deixo o enlace a páxina da UNED donde se recolle toda a información e o acceso para matricularse.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)