Historia de Tui


Breve historia:


Tui foi unha das sete provincias históricas de Galicia.  Foi capital do Reino de Galicia durante os séculos V, VI e VII. A cidade goza dos títulos de Moi Nobre e Moi Leal desde 1623 e desde 1885 de "Excelentísimo Ayuntamiento". Forma desde o ano 2002 a eurocidade Tui-Valença xunto con Valença do Miño (Portugal). As fontes clásicas documentan a existencia de Castellum Tude e da fundación mítica da cidade polo heroe grego Diomedes, fillo de Tideo (de aí o nome Tui).

Son moi abundantes os restos da época romana no territorio tudense, destacando sobre todo os da zona Santa Eufemia-San Bartolomé. Aquí había unha das mansións da vía XIX, do itinerario de Antonino, como testemuñan os miliarios e outros restos.

Desde a época romana, soportou a invasión sueva e a visigótica que estableceron por algún tempo a corte nesta cidade. Tamén as invasións sarracenas e normandas. que arrasaron a ciudade nos séculos VIII, IX e X. Outros importantes capítulos da súa historia refírense ás guerras con Portugal e a invasión francesa. Tralas invasións os reis porán a cidade baixo o señorío do bispo, a partir de aquí a historia da cidade estará intimamente ligada á sede episcolpal, quen exerceu o seu señorío desde o século XI ata o XIX. Ao longo da Idade Media e Moderna, será o centro relixioso, administrativo, comercial e militar do sur de Galicia. Nestes séculos instalouse unha comunidade xudía coa súa sinagoga.

Tardouse máis dun século en construir a súa catedral-fortaleza polo que o resultado é unha rica mistura de elementos oxivais. A fachada da porta pricipal da catedral é unha gran obra maestra do gótico galego, con oito pares de columnas e outras tanta arquivoltas adornadas con figuras de santos, apóstoles e profetas. A súa estructura sufriu muito co terremoto de Lisboa de 1755. Conta cun Museo Catedralicio e cun interesante claustro gótico. Outros edificios importantes da cidade son a igrexa de Santo Domingo ou a de Rebordáns.

Conserva rúas medievais con nobres casaróns blasonados dos séculos XVI e XVIII, monumentos e parte das súas murallas.

En 1640 con ocasión das guerras con Portugal amplíanse as murallas medievais, adaptándoas ao novos sistemas defensivos.

Por tui tamén pasa o camiño Portugués a Santiago, non en balde, é a porta de entrada desta ruta en Galicia. O actual Museo Diocesano foi Hospital de pobres, enfermos e peregrinos, os cales tiñan dereito a tres días de descanso e comida.

Actulamente a cidade é a cabeceira da comarca do Baixo Miño o que a dota de diversos servicios administrativos (Comisaría de Policía, Facenda...). Tamén destaca pola actividade comercial tanto tradicional como de grandes superficies.


No hay comentarios:

Publicar un comentario